Benvidos Ó Rueiro de Vigo.
ATENCIÓN de todo o termo municipal de Vigo. Dende esta páxina de presentación queremos explicarvos o funcionamento deste rueiro. É ben sinxelo, pero temos que aclararche que para velo nas mellores condicións precisase unha configuración de pantalla de 800x600 píxeles ou superior. Co navegador Explorer non terás que facer modificación ningunha de tamaño. Con outros navegadores prepara as fiestras (frames ou marcos) ó teu xeito. Estas páxinas compóñense de tres fiestras. Se polas características do teu navegador non as ves completas, especialmente a fiestra superior e a lateral, podes modificar a sua grandura co rato. Na fiestra superior tes un pequeno menú que che vai permitir moverte polas distintas opcións ou voltar a algunha en concreto unha vez que teñas outros datos en pantalla.
Nome a buscar:
Planos:
E por último lembrar que a Base de Datos está introducida de xeito totalmente manual dende o plano orixinal, polo tanto se atopas algún erro ou tes algunha suxerencia que facer non dubides en poñerte en contacto connosco en correio@salman.net. Se coñeces ben algún cadrante, sexa porque vivas nel ou por calquera outra causa e atopas datos erróneos ou que falta algo, agradeceríamosche que nolo comuniques. Todos xuntos podemos facer que este rueiro sexa útil non só para a xente que non coñeza Vigo, senón que poida mesmo ser unha ferramenta para moitos Vigueses. Graciñas pola túa participación e desexo que este novo servicio posto de balde por nos sexa de utilidade dentro deste mundo noso sen barreiras: Internet.
|